Composición da Europeína

Juan Carlos Piñeiro

Candidato nº 1

Principio activo básico da nosa “Europeina” para continuar o proceso de construcción europeo, cunha dimensión social forte, unha Europa organizada entorno a igualdade das persoas ante a lei, cunha responsabilidade fiscal europea e baseada na redistribución de riqueza. Unha Europa do Novo “Green Deal”, nunha sociedade mais ecolóxica e sustentable para facer fronte ao reto do cambio climático.

Daniel Lago

Candidato nº 2

Un potente axente antitumoral, contra os cancros do racismo, da homofobia, da xenofobia e o ultra-nacionalismo e o involucionismo. Impide a reproducción das forzas eurófobas e daquelas que queren aniquilar os valores e os ideais de democracia, paz, liberdade e xustiza social.

Milagros Corral

Candidata nº 3

Acelerador de próximidade a Europa, un elemento fundamental para un renacemento da Europa verdadeiramente unida, unha Europa comprometida e consciente da súa forza. Unha Europa máis tecnolóxica, mais científica e confiante da súa agricultura e da súa seguridade alimentar.

Miguel Medela

Candidato nº 4

Axente conductor, conecta parroquias, concellos e a Galicia con Europa. O  elemento guia da nosa “Europeina” na elaboración e implantación dunha estratexia para o desenvolvemento de industria europea nos sectores chaves do futuro: intelixencia dixital, artificial, tecnoloxía hipocarbónica, espacial,… no interior único de Galicia.

Alba Sanjurjo

Candidata nº 5

Potenciador da Europa Social ata agora foi estreitamente instrumentalizada e sometida á ideoloxía económica ultraliberal, debido á suposición de que a integración social ocorrería automaticamente por mor da integración dos mercados. Esta suposición non foi confirmada, de facto, e a recente crise descubriu importantes desigualdades sociais entre cidadáns europeos e a falta de satisfacción relativamente a varias necesidades sociais. A”Europeina” é o mellor remedio.

Xabier Pintos

Candidato nº 6

Coadxuvante nunha Política de Enerxía Común cun plano de investimento climático  duns 100 mil millóns de Euros, levado a cabo polo Banco Europeo de Investimentos, para o futuro período 2019-2024, e que ven consistindo en conceder aos Estados membros, ás autoridades rexionais e locais e ás empresas os fondos necesario para aumentar dez veces os seus investimentos en catro áreas:

Renovación da eficiencia enerxítica de edificios.

Redes intelixentes.

Sistemas de almacenamento da enerxía.

Produción de enerxía renovábel.

Rosendo Covelo

Suplente

O antibactericida contra o bacteria do escurantismo, fronte á negación dos nosos valores europeos, temos de defender os dereitos fundamentais e respectar os nosos valores democráticos!