Para qué é a Europeína

Por primeira vez na súa historia, a Unión Europea, este proxecto único na historia do noso continente, pode dividirse, pode desintegrarse, e mesmo podería deixar de existir.

Baixo o efecto combinado das diversas crises causadas por unha globalización sen regulación, as consecuencias económicas e sociais severas da crise financeira, un impacto dunha revolución tecnolóxica inédita, e a administración caótica dos fluxos de migración, forzas políticas extremistas xurdiran para explotar as preocupacións e medos da cidadanía, fondamente desorientada e desafecta politicamente.

Europa precisa unha pausa para reflexionar sobre o seu futuro.

Europa necesita unha profunda refundación democrática.

A organización excesivamente tecnocrática da Europa conduciu ás persoas fóra do ideal europeo. As persoas foron excluídas da visión e do destino europeo. Europa non será posíbel sen persoas. Debemos dar aos pobos o seu sitio neste destino europeo, remodelar unha democracia europea na cal a cidadanía ten o poder de dicir o que quere e de verificar e controlar que está sucedendo dese xeito.

Europa non é só un mercado, unha área de comercio libre. É antes de todo unha civilización, unha identidade e valores comúns.

A enfermidade da Europa son os populistas e os ultra-nacionalistas a gañar terreo nos últimos anos. Na Europa, as últimas eleccións na Austria, na Alemaña, na Hungría, na Italia, na Suecia e tamén o pasado 28 de Abril na España, viran o xurdimento de movementos que teñen unha visión autoritaria e “cesarista” da democracia; “mesiánica”; e unha profunda oposición ao proxecto europeísta, unha fonda oposición á Unión Europea.

Un ultra-nacionalismo retrógrado que levanta un desafío ao proxecto de cooperación, de sociedades abertas e plurais e de modernidade incorporados no proxecto europeo. Ao mesmo tempo, nas fronteiras da Europa, xorden novas potencias hexemónicas: a Rusia e a Turquía, co seu revanchismo. Máis ao sur, nas marxes do Mediterráneo, os Estados membros da Europa viven baixo a ameaza continua do terrorismo jihadista, nun contexto de estagnación económica e de rabia social.

Contra isto, o mellor remedio é a “Europeina” de Compromiso por Galicia.