Posoloxía

Se VOTAS en GALICIA

Debes ir entre as 09:00 e as 20:00 horas ao teu colexio electoral, tes 11 horas para ir escoller a papeleta co logo de Compromiso por Galicia, cos nosos candidatos e candidatas. A Europeina podes mezcla-la coa hora dos viños, do café ou da misa.
Lembra tomar sempre a Europeina con amigos, familiares, veciños, mascotas ou coa tua sogra ou ese cuñado que quedou coa túa desbrozadora desde o ano pasado,  e canta máis xente mellor pois terá moito máis efecto.

Se VOTAS fora de GALICIA

Debes ir entre as 09:00 e as 20:00 horas ao teu colexio electoral, tes 11 horas para ir escoller a papeleta co logo de  CEUS Coalición por unha Europa Solidaria, cos nosos candidatos e candidatas. Se votas en Euskadi, Navarra, Canarias, Valencia ou Baleares a papeleta terá o logo dos nosos socios na coalición.

A Europeina administrase según teñamos mais dores de cabeza para reducir a xenofobia, o racismo e a intolerancia na Europa, para conseguir unha Europa máis moderna, avanzada e plural, onde a democracia teña por base o respeto ás minorias e que teña en conta a diversidade cultural e lingüística dos pobos que conformamos Europa.