Qué e a Europeína

É o medicamento necesario para refundar a UE, debemos comezar un novo proxecto europeo, unha Europa dos Pobos. Nunha Unión Europea dos Pobos na que, polo menos, os que xa estamos dentro da zona euro podemos crear un sistema de solidariedade institucionalizado que poñerá fin á idea de que o que cada cidadán europeo pode contar depende exclusivamente da súa pertenza a este ou aquel outro Estado da UE.

Un remedio de última xeración cunha definición cívica de nación, unha definición dunha Unión Europea dos Pobos. Unha realidade que obriga a revisar o concepto de nación e a camiñar cara unha Unión Europea onde non sexan unicamente os Estados membros os participes finais das decisións nos mais altos niveis. Os Estados actuais deixaron de ser o único actor na construción europea, intervindo cada vez mais nas esferas de decisión as euro-rexións e as metrópoles europeas.

Neste sentido, as nacións sen estado que integramos a Unión Europea, temos que reflexionar sobre un novo modelo de soberana compartida, unha soberana multinivel, unha Europa dos Pobos onde as nacións sen estado, como a galega, non podemos aspirar a copiar estruturas e modelos que xa non existen e que demostraron a súa ineficiencia para desempeñar o papel que afirman ter na construción europea e que na deriva actual temos que reorganizar.

Un remedio de Compromiso por Galicia, unha forza política profundamente europeísta, acreditamos no proceso de construción europeo e no seu fundamento como parte dunha sociedade internacional máis xusta e solidaria dentro dun marco de defensa dos dereitos fundamentais e dos valores democráticos de liberdade, paz, solidariedade e educación.